Alejandro Carro / Actor

Alejandro Carro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Alejandro Carro
Alejandro Carro
Actor
Nome completo: Alejandro Fernández Carro
Oleiros (A Coruña) 1984   
Web propia



Dá os seus primeiros pasos como actor no teatro afeccionado. En 2003 comeza a súa formación en interpretacion e nese mesmo ano salta ao teatro profesional, no que traballará de xeito continuado con diversas compañias como “Teatro do Noroeste” e “Cámara negra teatro”. En 2004 iníciase no audiovisual traballando en diversas curtametraxes. Posteriormente, sen deixar as curtas, fará longas e series e programas de TV. Popularizouse no seu papel de Santi na serie “Padre Casares”. Tamen ten traballado como actor e locutor no programa de radio “Un ollo de vidro” (2001).

Formación específica: Diplomado en arte dramática pola escola de teatro Santatrt. Interpretación na Escola Superior de Arte Dramatica de Galicia. Curso de casting impartido por Eva Bernal. Interpretación de cine, curso impartido por Manane Rodrígez. Clown impartido por Marián Bañobre. O actor ante a cámara impartido por Sandra Montes Dirección de escena impartido por Theodor Smeu. Clown perfeccionamento impartido por Marián Bañobre. Modalidades de expresión vocal no teatro grego impartido por Miklos Bács. Maquillaxe escénica, con Miklos Bács. Entrenamento e coordinación impartido por Iván Marcos. Performance e improvisación fisica impartido por Iván Marcos. Dous seminarios de biomecánica (Lucca, Italia) con Maria Smaevich. Dous seminarios de dramaturxia actoral (Lucca, Italia) con Nikolaj Karpov. Práctica de comedia clásica: Shakespeare e Lope impartido por Quico Cadaval. O corpo teatral no laboratorio de mimo impartido por Fabiana Gastaldello.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 5 videos de Alejandro Carro

Galería de imaxes | ver As 10 fotos de Alejandro Carro

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org